Formación sobre a plataforma E-LBE.2

Ó longo do terceiro trimestre do curso van ter lugar unha serie de sesións formativas en liña abertas sobre o funcionamento da plataforma E-LBE.2, un repositorio de fondos dixitais en diferentes formatos (principalmente, libros) que o servizo de Bibliotecas escolares pon a disposición das comunidades educativas dos centros integrados no PLAMBE, como é o caso do noso instituto. Lembrade que a plataforma está accesible a través desta ligazón e que tanto profesorado como alumnado podedes entrar nela, para o cal son necesarias unhas claves de acceso, as cales se poden solicitar na nosa biblioteca, como xa se comentou nunha publicación anterior (ver). Facendo clic nesta ligazón, pódese consultar o calendario das diferentes sesións formativas e unha breve descrición do contido que se tratará en cada unha delas.

 


Comentarios