Plataforma de fondos dixitais E-LBE.2

Dende o equipo de biblioteca queremos lembrarlle a todo o alumnado e todo o profesorado do centro que teñen á súa disposición a plataforma de lectura dixital E-LBE.2, á que se pode acceder nesta ligazón: https://bega-elbe2.edu.xunta.es/. Nela pódese consultar un catálogo de fondos bastante amplo en diferentes idiomas e formatos (Epub, audiolibros, podcasts...). Para entrar na plataforma é preciso contar cun nome de usuario e un contrasinal, os cales se poden solicitar na biblioteca do centro. Animamos a todos os estudantes e profesores do centro a que fagan uso deste servizo e aproveiten as posibilidades que ofrece.

Ademais, a partir de xaneiro vanse desenvolver unhas xornadas de formación en liña abertas a todos os usuarios da plataforma, nas cales se explicará o funcionamento desta. Na propia páxina web de E-LBE.2, na cabeceira, aparece toda a información sobre estas xornadas de formación.


 

Comentarios