Microrrelato gañador


A migración, a fiestra e o que soño


Lucía, despertou nun cuarto moi escuro coa sensación de estar moi lonxe do que coñecía. Con moitas ganas de coñecer cousas novas, tenta abrir as persianas, de onde viña non se usan. Cando a abre entran os raios do sol e alumean todo. Vendo tanta beleza por aquela fiestra, unha mañá de finais de abril, onde as flores inundan o campo da granxa; un céspede moi verde e, sorprendentemente, as ovellas que andan soltas; o cheiro é moi parecido ao cheiro da casa dos seus avós no seu país. Sentía moita morriña.

Pois si, Lucía é unha das moitas mulleres que foron desprazadas dos seus países. Tiña a súa mirada enfocada na paisaxe que lle lembraba o que é seu, unha paisaxe de liberdade e novos soños. Recorda así distancia que a separa da súa casa.

A migración, un soño apartadizo, convertido en realidade. Naquela mañá con bo tempo, como o que lembra do seu país, a nostalxia mestúrase coa dúbida do futuro; unha sospeita de que, a medida que pasan as horas, convértese nunha oportunidade, nun lugar para ocupar e onde demostrar a súa calidez como persoa. Mentres segue mirando pola fiestra, aférrase á esperanza de construír un novo fogar e pensa: "Boto de menos as miñas raíces, pero estou contenta polos camiños que atopo hoxe".


Thays Ofelin Iguaro Carrasquel

Ciclo Medio Actividades Comerciais


Comentarios