Audiolibro "O principiño"



 

Neste mes de maio rematamos de ler e gravar os capítulos do libro "O principiño" de Saint-Exupéry, na tradución ao galego feita no ano 2000 por Carlos Casares para a editorial Galaxia. Foi un traballo que precisou da colaboración de voluntarias e voluntarios.

 O obxectivo desta actividade é dobre, demostrar o noso amor polos libros e ilusiónarnos con proxectos que enriquecen, xa que este formato pode ser empregado como alternativa para coñecer esta obra na nosa lingua.

Está dispoñible na Aula Virtual, na categoría "Biblioteca Aloia" no curso "Actividades e concursos" Grazas aos participantes que o fixéchedes posible.


 


Comentarios