11f Día internacional da muller e a nena na ciencia

Este ano o 11 de febreiro coincidiu nas datas de descanso polo entroido pero na biblioteca temos xá preparada unha exposición de libros para mostrar e visibilizar a contribución das mulleres ao eido científico. Ademais, grazas a colaboración do profesor de Física e Química, Miguel, e alumnado de 3º da  ESO, á volta das vacacións preparouse un xogo de pistas para realizarse na biblioteca e coñecer mellor a catro científicas relevantes nos campos de neurociencia, primatoloxía, enxeñaría e matemáticas. Varios grupos de alumnado da ESO, bacharelato e adultos acompañados polos seus titores pasaron pola biblioteca e resolveron o xogo.  Foi unha actividade que este ano tivo a súa segunda edición e volveu a ter unha gran acollida.











Comentarios