Voluntarios na biblioteca

 Un ano máis contamos coa colaboración imprescindible dun grupo de alumnas e alumnos.

Participamos na iniciativa do Voluntariado na biblioteca escolar, integrado no programa de Bibliotecas escolares solidarias, organizado polas consellerías de Política Social e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Mediante esta iniciativa ofrecémoslle ó alumnado que estea interesado en participar nela a posibilidade de colaborar con nós na organización e a xestión da biblioteca e comprometémonos a proporcionarlle unha formación básica relacionada co funcionamento dunha biblioteca escolar.


Comentarios