Concurso de microrrelatos Biblioteca Aloia
Aproveitamos o inicio do mes máis pequeno do ano para este concurso de textos breves. 😀
A temática é libre, debe incluír un título e a extensión máxima do texto será de 225 palabras (sen incluír o título). Valorarase a corrección ortográfica e gramatical.
Os textos d@s participantes deberán ser inéditos, escritos en galego e os textos premiados serán publicados no noso blog e RRSS. Serán descualificados aqueles textos que non cumpran os requisitos.
Forma de Entrega. Hai dúas opcións:
- a) envía o microrrelato ao enderezo electrónico: aloiabiblioteca@gmail.com:
No asunto escribe "Concurso Microrrelatos 2024". No corpo da mensaxe indica nome, apelidos e curso, o título e escribe o microrrelato.
- b) enche o formulario de PARTICIPACIÓN: Clicando aquí
Prazo de entrega: ata o 29 de febreiro as 23.00h !!!
Haberá dúas categorías e dous premios por categoría:
Dúas Categorías:
A. Alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO, ESA e FPB
B. Alumnado de 4º, Bacharelato e Ciclos Medio e Superior.Premios por categoría:
1º premio: Vale de 30 euros para gastar en libros ou música.
2º premio: Vale de 15 euros para gastar en libros ou música.
O xurado gárdase a potestade de declarar o premio deserto se non se dan as condicións mínimas nos relatos.
Comentarios