Mes da ciencia en Galego

Un  novembro máis dende a nosa biblioteca unímonos á conmemoración do mes da ciencia en galego.

Non poden faltar, na entrada da biblioteca, unha escolma dos nosos fondos que tratan en galego as distintas materias asociadas as ciencias, dende a física, pasando polas matemáticas, ata chegar a bioloxía. Tamén temos estes días dispoñible unha lupa binocular cedida polo Departamento de Bioloxía para poder achegarmos ao mundo do pequeno e do detalle, poder ver a estrutura das plumas das aves, os diferentes ollos de artrópodos, a enxeñaría das as de bolboretas...  durante os segundos recreos dos xoves e dos venres. 

O luns 13 de novembro foi un día intenso. O alumnado de primeiro da ESO en pequenos grupos pasou pola biblioteca para manipular modelos de moléculas, entender os principios do péndulo, deducir que líquido temos nun tubo de ensaio ou manipular xogos de Tangrams en busca das figuras que estes agochan. 

A mediodía o alumnado do club de Xerfas fixo as lecturas "Que fai que piquen ou non, os pementos de Herbón? do libro Historias fascinantes da Ciencia en Galicia" e "Auga e aceite: o touciño e a velocidade da física" do libro H2..oh!. A partir destes textos profundizamos en conceptos de bioquímica, no nome de certos medicamentos, observamos os reservorios de capsaicina do pemento "cayena" coa axuda da lupa e por suposto, catamos pimentón picante e pemento cayena para comprobar que dende calquera parte da lingua podemos detectar esa comechón.

A partires do 20 de novembro poderemos ver a exposición de cogomelos na biblioteca.

E por se sodes fanáticos da boa ciencia en galego deixamos tamén un enlace ao canle de youtube que ten gardadas as videoconferencias por mor desta conmemoración das pasadas edicións  (e aparecerán as de esta edición cando se editen)

https://www.youtube.com/@igaciencia1/streams










Comentarios