Ruta literaria por Tui
A
última semana do curso os mais novos do club Xerfas, xunto con Sara do
grupo de manga e Celia do de adultos, acompañados por unha guía local,
realizamos unha
visita á igrexa de San Bartolomé (coa súa necrópole) e ó núcleo
histórico e a
catedral de Tui. O obxectivo desta visita era ir tras das pegadas dos
lugares
citados por Roque Cameselle na súa obra Bieito
dubidoso, o último libro que lemos este curso, unha narración fantástica que ten como pano de fondo o Tui
medieval do século XII. Tamén viñeron connosco algunhas das alumnas de Cultura clásica de 3º de ESO.
En primeiro lugar dirixímonos á Igrexa de San Bartolomé, que exerceu as funcións de catedral da diocese tudense mentres se levantaba a sede actual. O párroco da igrexa comentounos os aspectos máis relevantes da súa construción e mesmo oficiou como guía da visita á curiosísima necrópole que existe baixo o chan da actual igrexa.
Por último, e para rematar a visita, entramos na catedral máis
imperfecta de toda España e do mundo probablemente, a de Tui, e coñecemos os
motivos polo que os seus arcos e ventás non están centrados, as súas paredes
están torcidas e os seus piares precisaron vigas de reforzo. Tamén visitamos o
seu fermoso claustro e despois de máis de dúas horas de visita volvemos ó
instituto.

Comentarios