Semana do Libro

Para conmemorar o Día do Libro (23 de abril), dende a biblioteca Aloia, coa colaboración do EDL e a vicedirección, organizamos unha serie de actividades que se desenvolveron a semana pasada e a anterior, e que este ano tiveron como protagonista principal a poesía. Así pois, todos os grupos da ESO e de FP Básica pasaron unha hora de clase na nosa biblioteca participando nas actividades de creación poética que lles propuxemos (cadáveres exquisitos, epitafios, poemas imposibles, tormentas de palabras e unha imaxe, mil palabras).

 












Despois da fase de creación, chegou a de exposición, así que seleccionamos as mellores e máis orixinais obras dos nosos escritores, preparamos unha mostra con elas tanto na biblioteca como no vestíbulo do centro, e buscamos o xeito de ligalas cos nomes de importantes poetas galegos e universais e as datas nas que viviron.





Ademais, os alumnos de 1º de FP Básica quixeron sumarse a esta conmemoración e prepararon co seu profesor do ámbito lingüístico e social un pequeno resumo da vida e a obra de grandes mestres da literatura universal, un cronograma das épocas nas que viviron e unha moi breve explicación sobre o Día do Libro.



 

E, por último, non podían faltar unhas recomendacións lectoras, as cales preparamos en forma de árbore no vestíbulo do centro xunto cun lema de animación á lectura.


Dende a biblioteca Aloia e o EDL queremos expresarlle a nosa gratitude a todo o profesorado que colaborou no desenvolvemento destas actividades e, por suposto, tamén a todo o alumnado pola súa participación e polas súas creacións.

Comentarios