Guías para a realización e a exposición de traballos académicos
Este curso os membros do equipo de Biblioteca Aloia, xunto cos profesores Alberto Valverde e Suso Rodríguez, estivemos participando nun grupo de traballo. O obxectivo que nos propuxemos ó iniciar esta actividade formativa foi o de crear dúas guías que lles puidesen ser de utilidade á comunidade educativa do noso centro, especialmente ó alumnado: unha guía para a elaboración de traballos académicos e outra guía para a exposición oral destes traballos. Agora, rematada a experiencia, compartimos con toda a comunidade do Indalecio (ver máis abaixo) os materiais que elaboramos, cos cales queremos contribuír á mellora da alfabetización informacional do noso alumnado. Esperamos que vos gusten e vos resulten útiles. Podedes acceder a elas facendo clic nas seguintes ligazóns:
guía para a realización de traballos académicos
guía para a exposición oral de traballos académicos
Comentarios