Enquisa sobre o funcionamento da biblioteca


Dende a biblioteca Aloia gustaríanos coñecer a opinión da nosa comunidade educativa sobre o funcionamento da biblioteca. Por este motivo convidamos a todos os sectores (alumnado, profesorado e familias) a cubrir unha enquisa para avaliar o funcionamento deste servizo. Para acceder á enquisa, podedes facer clic nesta ligazón ou escanear o código QR que aparece máis abaixo. Queremos animarvos a todos a participar, xa que a vosa opinión é importante para nós, porque nos fará mellorar. O prazo para cubrir a enquisa remata
o domingo 4 de xuño (incluído).



Comentarios