Concurso "Que sabes das Letras?"

Un ano máis a biblioteca Aloia e o EDL organizamos un concurso para conmemorar o Día das Letras Galegas. O concurso leva por título "Que sabes das Letras?", realízase por clases (horas de titoría ou dalgunha materia) e consiste en responder a un cuestionario en liña sobre o Día das Letras Galegas e o/a autor/a homenaxeado/a este ano neste Día. As respostas ás preguntas sobre este/a autor/a podedes buscalas nos carteis sobre el/ela que están expostos no pavillón A, no primeiro andar.

Na imaxe que aparece máis abaixo podedes consultar as bases do concurso e facendo clic nesta ligazón accederedes ó cuestinario do concurso. Animádevos a participar e moita sorte a todas as clases!!!


 

 

Comentarios