Negra sombra que nos asombraches😭 😭 😭

O domingo 13 de novembro cumpríronse vinte anos dende que afundiu preto das costas de Galicia o superpetroleiro Prestige, que verteu milleiros de toneladas de cru ó mar e encheu as nosas costas de chapapote, ocasinando un terrible desastre medioambiental. Se facedes clic nesta ligazón, poderedes obter un pouco máis de información sobre as tráxicas xornadas que vivimos naquelas datas. Para que non caian no esquecemento e concienciar sobre a necesidade de preservar o medio, na biblioteca preparamos unha pequena mostra dos nosos fondos que tratan sobre este tema. Animádevos a botarlle unha ollada.







 

 

Comentarios