Recoñecemento ós nosos voluntarios
Hoxe, coincidindo coa conmemoración da nosa Semana das Biliotecas, aproveitamos para facerlles entrega dos seus diplomas acreditativos enviados pola Xunta ós voluntarios que colaboraron na organización e funcionamento da nosa biblioteca o curso pasado. Na foto de máis abaixo podedes ver a Rodrigo e Sabela, e falta Sara, que hoxe non puido estar presente. Tamén recibirán o seu diploma outro día os voluntarios que xa non están no instituto: Alex, Alejandro, Aroa e Gloria. Dende a bilioteca Aloia agradecémosvos moito o traballo que fixestes e agardamos poder seguir contando este curso coa colaboración dos que continuades no instituto. Moitas grazas a todos e parabéns polos vosos diplomas.
Comentarios