Grandes bibliotecas de onte e de hoxe, e bibliotecas curiosas
Para conmemorar a nosa Semana das Bibliotecas, as alumnas de Cultura clásica de 3º de ESO elaboraron unha exposición sobre as bibliotecas máis famosas do mundo antigo, sobre outras bibliotecas importantes creadas na Idade Media ou posteriormente, e sobre outras actuais. Ademais, engadiron tamén algunhas bibliotecas e librerías de hoxe en día que resultan curiosas por algún motivo. Na exposición incluíron información sobre as súas datas de creación e sobre os fondos e principais tesouros documentais que conservan. Animádevos a pasar pola biblioteca do instituto para visitar a magnífica exposición que prepararon. Tamén podedes ver o vídeo que aparece a continuación. Parabéns a todas as alumnas de Cultura clásica polo seu traballo!!!
Comentarios