Letras galegas 18
![]() |
Cartel para Tui Le 18 |
María Victoria Moreno Márquez, naceu en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finou en Pontevedra o 22 de novembro de 2005. Foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega e profesora de lingua castelá no ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. O seu texto máis coñecido é Anagnórise (Galaxia, 1988), vinte veces reeditado e traducido a varias linguas.
En 2018 é a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que leva ese recoñecemento na historia da celebración.
![]() |
Exposición da obra de María Victoria Moreno na Biblioteca. |
asistiu o venres 11 de maio á
actividade Tui Le 18,
na Praza de San Fernando en Tui,
recitando poemas de
María Victoria Moreno
do seu poemario
Elexías de luz.
![]() |
Exposición de portadas dos libros da autora |
Comentarios