![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhjRQprBFa9hBw6RaUJUdWe0F9AHOlQNcDhgSqV_pILPfFYIXarptCL_EtAViu_v6prcuogR1GCyZ3b3uHjlGnU6_gn88U378LhPBZDuRvgzDnxFm-M-CqkOv_Gvtz1LIC6k0eCAIBjH_6H/s320/IMG_20160531_101921.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjy4YwLi3l9-PCuA7hgUcof_ibZIpK63iDYpSQ5dq2idF2vDOmEYEq-SYs5Uf-9OknWouWgT-C6k-QIwy14Jdry_EVEPFxUnlVLIbvCRZ4XPzRDkBr_XZg_SB5h65FqFvyhKmpTdJf6O0JT/s320/P5310361.JPG)
Hai cinco anos que nos deixaba Indalecio, foi xustamente o
31 de maio e por iso se celebrou nesa data a Gala de Homenaxe na súa honra. En
Xerfas puxéronse mans á obra para botar unha man. Por unha banda no teatro que
tanto lles gusta, varios membros do Club asistiron a uns obradoiros de Laura
Villaverde e prepararon "Crónicas dun Café", que foi todo un éxito.
Por outra banda, outro grupiño do club preparou a performance "Rosalía
Universal" co recitado do Adiós Rios nunhas cantas linguas... Tamén leron a Manuel María e a Lorca, grazas a Alba e a Samuel Diz, tamén cantamos o himno
ao final. Foi unha actividade moi intensa, emotiva pero festiva ao mesmo tempo.
O mellor coñecer a arte dos nosos compañeiros, por exemplo de Dani Méndez que
cantou Beautiful ou de Ángel, María Ordóñez e Iria que nos impresionaron a
todos bailando ballet, e que dicir de Daniela, Alexandre e Dani que tocaron
varias pezas con gaita, tamboril e acordeón! Non nos podemos esquecer das
Ferreñas do Indalecio que tan ben o fixeron e de Dani e Andrea que bailaron
unha muiñeira!
Agradecer intensamente o traballo de coordenación e
preparación levado a cabo polo profesor Manuel Rosende Torres.
Foi unha velada inesquencible, NORABOA a todos polo ben que
o fixestes!!!
Comentarios