Asasinato na biblioteca:::

Á volta das vacacións atopámonos coa biblioteca un pouco alterada. Nada máis abrir a porta, unha silueta humana protexida con cinta de seguridade fai soar todas as alarmas. Un asasinato na biblioteca? Tranquilo todo o mundo! Trátase dun xogo que nos propoñen desde o Club de Lectura Xerfas. Unha moza de entre 25-30 anos foi asasinada dun tiro na cabeza. Os usuarios da biblioteca poderán sentirse auténticos Sherlock Holmes participando dun xogo de pistas que nos levará a descubrir algo moi grande.

Comentarios