Día das Letras Galegas

Recordade que dende a biblioteca do instituto esperamos a vosa participación nos concursos de microrrelato e ilustración propostos a partir do poema "TI" que pertenece ao libro Poemas de ti e de min.
TI
Chamas ao vento
na labarada dos teus cabelos.
Auga apreixada
na mol lentura da túa ollada.
Rubias de aurora
no sangue quente da túa boca.
Pombas no niño
no recunchego do teu corpiño.
Rulas leviáns
no vó lizgairo das túas mans.
MODALIDADE NARRACIÓN
Trátase de escribir un microrrelato (5 liñas) que empece con algún dos versos do poema “TI”.
na labarada dos teus cabelos.
Auga apreixada
na mol lentura da túa ollada.
Rubias de aurora
no sangue quente da túa boca.
Pombas no niño
no recunchego do teu corpiño.
Rulas leviáns
no vó lizgairo das túas mans.
MODALIDADE NARRACIÓN
Trátase de escribir un microrrelato (5 liñas) que empece con algún dos versos do poema “TI”.
Os textos creados deberedes entregalos ao profesor ou profesora de Lingua galega antes do día 30 de maio.
Publicaremos os tres gañadores ou gañadoras de cada clase no blog da biblioteca.
Haberá interesantes premios.
MODALIDADE ILUSTRACIÓN
Trátase de ilustrar o poema tomando como referencia todos os versos do poema “TI” ou algún en particular.
As ilustracións creadas deberedes entregalas ao profesor ou profesora de Educación plástica antes do día 30 de maio.
As ilustracións gañadoras serán utilizadas para crear marcadores de libros.
Haberá interesantes premios.
Comentarios