Día da paz e non violencia na escola

 Nestas datas queremos impulsar un proxecto de colaboración que aune o noso amor polos libros e pola lectura coa ilusión de participar en proxectos que nos enriquezan . Por iso estamos a buscar alumnado voluntario ao que lle guste ler en voz alta para participar nesta actividade. Tendes ata o 5 de febreiro para anotarvos na biblioteca.


Tamén estamos a facer estes días unha busca do tesouro na biblioteca para coñecer máis dos símbolos da paz máis empregados no mundo.

Comentarios