Mochilas Temáticas

Este mes de decembro,  dende o equipo de traballo na biblioteca estamos a organizar a actividade denominada "Mochilas temáticas". O que pretendemos mediante esta iniciativa é achegar a quen teña interese neses volumes, un pequeno anaco da nosa biblioteca, unha pequena selección de libros (4 ou 5), enfocados nunha temática (Miscélanea, Afeccións, Versos políglotas, Protagonistas Musicais e Cómics) . 

A nosa intención é que poidades gozar durante as vacacións de Nadal da compañía destes títulos. E, quen sabe, se iniciarse en novas lecturas.

Se vos interesa participar, poñede un papel co voso nome e apelidos, curso e mochila que desexedes na caixa de Nadal habilitada na biblioteca. Se hai máis dunha persoa interesada na mesma mochila farase un sorteo o día 19 de decembro no 2º recreo. 

As mochilas se entregarán nesa ultima semana, e se devolverán ao centro logo das vacacións de Nadal.

 Nas seguintes imaxes podedes ver as portadas e títulos de cada mochila:







Comentarios