Ler coida a Mente


 Hoxe día 10 de outubro de 2023 conmemórase o día mundial da saúde mental. Temos connosco unha ferramenta poderosa para axudar ao benestar mental, a lectura. Un recente estudo da universidade de Susset indica que ler soamente 6 minutos ao día axudaría a reducir o estrés nun 60%.

Os nosos voluntarios e vountarias  estiveron no segundo recreo facendo chapas para levar a imaxe da entrada deste blog consigo e espallar esta idea máis alá do centro.

Tamén temos unha exposición con parte dos títulos que tratan esta realidade ou que explican como é o noso cerebro e como funciona, para dar a coñecer estes exemplares á comunidade educativa.






Comentarios