XV Xornada dos clubs de lectura

O pasado 5 de xuño o coordinador do noso club de lectura Xerfas participou en Santiago na XV Xornada de clubs de lectura, onde Manuel Núñez Singala recibiu o premio como autor máis lido nos clubs de lectura do curso pasado.

Foi unha magnífica ocasión para coñecer a inxente cantidade de traballo que se fai dende os clubs dos diferentes centros e unha moi boa xuntanza para saber os diferentes tipos de iniciativas que se poñen en marcha dende outros colexios e institutos, dalgunhas das cales xa tomamos nota para sorprender os nosos alumnos o vindeiro curso. E incluso puidemos atopar por alí a Andrea, antiga profesora do Indalecio, que estaba explicando as actividades que no seu instituto actual, o IES de Valadares, se organizan dende o club de lectura.


Moitas grazas a todos os que participades nos clubs de lectura do noso centro.

Comentarios