Novidades para o verán

Xa temos dende hai un par de días na biblioteca as que serán as últimas adquisicións deste curso. Podedes levalas prestadas para gozar delas durante o verán. Pasade pola biblioteca para consultalas e, se queredes, levádeas prestadas. Iso si, para poder coller un libro lembrade que non debedes ter ningún pendente de devolución. E non esquezades tampouco que o LUNS 19 é o último día para entregar os libros que tedes atrasados.

Nas fotos de abaixo poderedes observar cales son as últimas compras de fondos que fixemos.





Comentarios