Entrevistas literarias

Hai algún tempo comentámosvos que, como parte das actividades que dende a biblioteca e o club de lectura Xerfas organizamos para conmemorar o Día do Libro, Rodrigo e Sabela (2º de ESO), baixo a dirección artística de Francesco (4º de ESO), estaban a gravar unha entrevista literaria. Nela íanse facer pasar por críticos literarios e comentar algúns dos libros que lemos este curso no seu grupo do club de lectura, como De cristal e A trenza, e outros, e sinalar os puntos fortes e débiles e o que máis e menos lles gustou de cada un. Ademais, tamén nos farían partícipes dos seus gustos literarios e dos seus inicios e experiencias como lectores, e mesmo recomendarían algunhas lecturas.

Pois ben, como o prometido é debeda, despois da fase de gravación e da de produción, xa vos podemos presentar os seus vídeos. Aquí volos deixamos para que os poidades ver.

Vídeo 1

 
 
 

Vídeo2



Comentarios