Devolución de libros atrasados

Como o curso xa vai rematando, temos que ir facendo revisión dos nosos fondos e precisamos que fagades entrega dos libros da biblioteca que tedes prestados na casa. Buscade ben e comprobade todos os recunchos, que sempre queda algún por aí perdido. De todos os xeitos, en todas as aulas tedes unha lista cos libros que cada un de vós ten atrasados e debe devolver. Entregádeos canto antes, por favor. O último día para facelo é o LUNS 19 DE XUÑO.


 

Comentarios