Xornadas intensas para Indanime

Estes días estáselles a acumular o choio ós membros de Indanime, o grupo de manga do noso club Xerfas. O pasado venres 12 de maio botamos toda a mañá e toda a tarde na Cómic-Con de Moaña, que por fin volvía ter lugar despois da pandemia. Alí, puidemos participar en diferentes obradoiros (cosplay e debuxo), xogos (de realidade virtual, de vídeo, de mesa, de cartas, con pistolas Nerf...), torneos de jugger, concertos... E mesmo levamos algún premio: Sara quedou segunda no torneo de cosplay co seu traxe de Moroha de Hanyo no Yashahime, un torneo no que tamén participou Antonela; Óscar e Issac tiveron unha dura loita no xogo Dun-Dun, na que resultou gañador Óscar, que obtivo a mellor puntuación de toda a Cómic-Con neste xogo. Sen dúbida, un día de manga intenso e divertido.

Por outra banda, onte luns volveuse reunir o grupo de manga no instituto para falar sobre a xornada da Cómic-Con do venres e avaliala, e a conclusión foi que resultou unha experiencia moi interesante e entretida que é preciso repetir nos vindeiros cursos. Ademais, tamén aproveitaron a sesión para realizar un Kahoot sobre o anime Hanako-Kun e unha actividade de adiviña o opening sobre diferentes animes.






Comentarios