Novidades na biblio

A partir de hoxe podedes pasar pola biblioteca para botarlles unha ollada e mesmo coller en préstamo as novidades que acabamos de mercar, entre as cales están as peticións de fondos que algúns de vós fixestes. Tedes unha gran variedade de libros para escoller: o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, literatura en castelán, galego e portugués, cómics e literatura gráfica, ciencia, xeografía e historia, economía, feminismo e igualdade, psicoloxía e autoaxuda, pedagoxía, orientación, inclusión e diversidade. Nas imaxes de máis abaixo podedes atopar un pequeno comentario do contido de todos estes libros. Animádevos e vide petiscalos. E estade atentos, que pronto chegarán máis.








Comentarios