Maxia para ir acabando o curso

Onde xuntámonos cos máis pequenos do noso club Xerfas e comezamos a ler colectivamente o que será o último libro deste curso, Bieito dubidoso, de Roque Cameselle. Quixemos deixar para o final este libro que está ambientado en Tui e que sobre un pano de fondo histórico real (o Tui do século XII) nos conta a historia de Bieito, un neno con habelencias especiais, con poderes "máxicos", e a súa familia. Cando rematemos a lectura, faremos unha saída pola nosa cidade para visitar os lugares citados na obra.

Por outra banda, onte incorporáronse ó noso grupo dúas novas lectoras, Victoria e Valerie, dúas mozás recén incorporadas ó noso centro dende Alemaña. Dámoslle a nosa benvida e agardamos que gocen desta actividade connosco e que nos fagan moitas achegas sobre o seu país.



Comentarios