Tui Le

A semana pasada os alumnos do primeiro curso de FP Básica acudiron en representación do noso centro ó Tui Le, a actividade organizada polo Concello e a Biblioteca municipal de Tui para promocionar a lectura entre os escolares do noso contorno. Nesta edición o protagonista da actividade foi Franciso Fernández del Riego, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Os nosos alumnos, dirixidos polos profesores dos ámbitos científico e lingüístico-social e de taller (Miriam, Paco e Luz), prepararon un cartel cun mapa de Galicia no que destacaron os lugares máis importantes na vida de del Riego, Lourenzá, Santiago de Compostela e Vigo. Nel representaron tamén mediante logotipos e imaxes a actividade cultural máis importante levada a cabo polo autor.

Como parte do Tui Le, os alumnos foron visitar na Corredoira a exposición onde se mostraban os carteis elaborados por todos os centros educativos do Concello e alí participaron nunha actividade desenvolvida por Lucía Aldao e María Lado.

Deixámosvos a continuación unha imaxe e un vídeo co cartel creado polos alumnos cun audio explicativo sobre a actividade e dámoslles a eles e ó seu profesorado os parabéns polo traballo realizado.


 



Comentarios