"Tokyo Ghoul" e "Guardianes de la noche"

Este luns foi a quenda unha vez máis do grupo de manga do noso club de lectura, os Indanimers. Nesta ocasión aproveitaron para facer un repaso dos mangas que leron este ano, Tokyo Ghoul e Guardianes de la noche, para o cal prepararon un Kahoot, que estivo bastante disputado. Ademais, houbo unha votación tipo "ti a quen prefires", na que os membros do grupo foron votando pouco a pouco en eliminatorias o que para eles era o mellor anime, ata que chegaron a un vencedor. Novamente unha xornada entretida. Queda aquí un acceso ó Kahoot que prepararon e unha imaxe da xuntanza:

https://create.kahoot.it/share/guardianes-de-la-noche-y-tokyio-ghoul/388d26ed-8179-483c-b477-5df35766b33c

 


 


Comentarios