Indanime en acción

O pasado luns día 27 o grupo de manga do club Xerfas, o grupo Indanime, xuntouse para unha nova sobremesa de xogos preparados polos nosos lectores. Varias foron as actividades que realizaron, entre elas as seguintes:

  • Proxección de vídeos para adiviñar diferentes personaxes de manga e anime a partir unicamente da súa voz.
  • Proxección de vídeos para adiviñar a que series pertencían unha serie de openings.
  • Dous kahoots, un sobre animes e outro sobre Jujutsu Kaisen.
  • Un "tabú" sobre animes: https://view.genial.ly/641456e746a9560011c82f8a/presentation-tabu.
Un bo xeito, sen dúbida, de prepararse para comezar as clases da tarde con moito ánimo. Aquí vos quedan unhas imaxes desta sesión do club. 
 



 
 

Comentarios