Entrevista literaria

Como parte das actividades que dende a biblioteca e o club de lectura Xerfas organizamos para conmemorar o Día do Libro, onte Rodrigo e Sabela (2º de ESO), baixo a dirección artística de Francesco (4º de ESO), gravaron unha entrevista literaria. Nela fixéronse pasar por críticos literarios e comentaron algúns dos libros que lemos este curso no seu grupo do club de lectura, como De cristal e A trenza, e outros, e sinalaron os puntos fortes e débiles e o que máis e menos lles gustou de cada un. Ademais, tamén nos fixeron partícipes dos seus gustos literarios e dos seus inicios e experiencias como lectores, e mesmo recomendaron algunhas lecturas. Agora mesmo o vídeo está en fase de produción, pero dentro de pouco poderedes velo a través desta e outras canles. Estade atentos.


Comentarios