Semana de conmemoración do 8M

Co gallo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller, dende a biblioteca Aloia desenvolvemos esta semana diferentes actividades, algunhas delas en colaboración co EDL, para reivindicar a igualdade efectiva entre homes e mulleres e salientar a importancia das mulleres nas nosas vidas, nas nosas familias e na nosa sociedade. Para comezar, na entrada da biblioteca colocamos dúas pancartas de gran formato co fin de lembrar esta data e publicar un lema para defender a igualdade. O obxectivo era que os usuarios da biblioteca tropezasen con elas e tivesen que deterse a lelas.









Ademais, na nosa caixa de igualdade expuxemos unha serie de libros para dar a coñecer figuras de mulleres destacadas en diferentes ámbitos da vida.

Durante a semana tamén lle pedimos ó alumnado que pasou pola biblioteca que escollese as palabras más importantes para eles en relación co feminismo e a igualdade a partir dunhas que lles propuxemos ou das que eles nos quixesen dicir. Con esas palabras elaboramos dúas nubes de palabras que están expostas no vestíbulo do centro.




Tamén no vestíbulo colocamos un pequeno cartel sobre os diferentes xeitos que hai na actualidade de chamar a atención sobre os logros ou méritos de homes e mulleres.

E, por último, na biblioteca expuxemos os carteis elaborados por diferentes titorías e grupos de alumnos sobre a vida e os logros de mulleres destacadas en diferentes campos de traballo e sobre frases discriminatorias que adoitamos pronunicar sen darlles a debida importancia, así como sobre lemas en prol da igualdade.






Comentarios