Reto lector

A semana pasada comezou a nosa procura do mellor superlector do instituto. Demos comezo ó noso xa tradicional reto, no cal vos propoñemos un desafío relacionado coa lectura. Trátase de ler seis libros diferentes, un por cada unha das seguintes categorías:

  • Un libro que teña como protagonista unha moza ou muller.
  • Un libro escrito nun idioma estranxeiro.
  • Un libro cuxo/a autor/a estea vivo/a.
  • Un libro de teatro.
  • Un libro de poesía.
  • Un álbum ilustrado ou novela gráfica.

Despois de ler os libros, debedes pasar pola biblioteca para encher unha breve e sinxela ficha de lectura. Tedes de prazo ata o 9 de xuño para cumprir esta divertida misión. Quen será a primeira superheroína ou superheroe en completar o reto? Serás ti?


 

Comentarios