Premios do concurso de poesía

O pasado martes 21 de marzo, para conmemorar o Día Mundial da Poesía, desenvolveuse no noso centro o "Concurso de poesía improvisada", organizado pola biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua. No certame os alumnos tiñan que crear un poema en galego de entre tres e seis versos e incluír nel tres palabras de sete que lles porpuxemos. A verdade é que a actividade foi todo un éxito, xa que contamos con máis de vinte e cinco participantes, e por iso queremos expresarlles a nosa gratitude a todos e eles e felicitalos polas súas creacións

Despois da deliberación do xurado, onte venres, fixemos na biblioteca a entrega dos premios, que foron para os seguintes alumnos:

  • Gañador na categoría A (1º, 2º e 3º de ESO, e FPBásica): Rodrigo Abia Muñoz, de 2º A de ESO, polo seu poema "Felicidade".
  • Gañador na categoría B (4º de ESO, bacharelato, ciclos formativos e adultos): Xoán Francesco Ghanime Galeotti, de 4º A de ESO, polo seu poema "Illas de silencio".

Volvemos felicitar a todos os participantes e, de xeito especial, ós gañadores polos seus poemas. Bo traballo o feito!!! 👏👏👏👏 Quédanvos aquí unhas imaxes de todo o desenvolvemento da actividade, incluída a exposición que fixemos coa maior parte das vosas creacións.





 

 

 

 

Comentarios