8M Día Internacional da Muller

Dende a biblioteca Aloia e o Equipo de Dinamización da Lingua do insituto ofrecémosovos dúas propostas para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Unha delas consiste en lembrar e poñer en valor traballos destacados levados a cabo por mulleres de calquera tempo e lugar. A outra proposta consiste en elaborar un póster creativo que anime a cambiar condutas negativas ou estereotipos relacionados con mulleres. Lembrade que estas actividades están pensadas para ser traballadas nas titorías, así que, xa sabedes, animádevos a vós mesmos, os vosos compañeiros e os vosos titores a participar nesta iniciativa. E non vos despistedes, que o prazo remata o propio día 8 de marzo. Nos taboleiros do instituto e nas imaxes de máis abaixo podedes atopar toda a información sobre esta actividade.


 

 

 

 

 

 

Comentarios