21 de marzo - Día Mundial da Poesía

Co gallo de conmemorar o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) esta semana dende biblioteca Aloia propoñémosvos dúas actividades. A primeira delas organizámola xunto co Equipo de Dinamización da Lingua e a Vicedirección do centro, e consistirá nun "Concurso de poesía improvisada". Terá lugar mañá martes 21 de marzo no Salón de actos durante o segundo recreo. Teredes que escribir un breve poema de entre 3 e 6 versos cunhas palabras que nós vos propoñeremos. Aminádevos a participar nesta desafiante actividade!!! Na imaxe de máis abaixo tedes toda a información sobre este concurso.

Por outra banda, presentámosvos tamén a actividade "Versos para levar", na cal vos ofrecemos en diferenres carteis do instituto uns versos para que os recortedes e os levedes, e tamén poñemos á vosa disposición o espazo de exposicións da biblioteca, co fin de que nos fagades chegar e poidades compartir con todo o alumnado do centro poemas creados por vós, individualmente ou en grupos. Non hai máis compromiso que entregarnos as vosas composicións para que as expoñamos, así que... A producir!!! Aquí debaixo tedes tamén a información sobre esta actividade.

Comentarios