Valentín de Roma e uns poemas de amor

Nesta semana do amor na biblioteca Aloia preparamos unha pequena exposición sobre a persoa á que se lle dedica o Día de Amor e a Amizade, que é o sacerdote Valentín de Roma. Pasa pola biblioteca para coñecer a súa historia, o motivo polo que se lle dedica este día tan especial e as causas polas que o amor se representa tradicionalmente mediante corazóns, frechas e ás. Verás que tamén nisto os gregos e os romanos nos deixaron a súa pegada.

Ademais, para lembrar este día na biblioteca preparámosche outras actividades: tes unha escolma de poemas de amor de diferentes épocas en castelán e galego, e tamén unha serie de libros de temática dalgún xeito relacionada co amor, con cuxa lectura poderás gozar. Tamén che deixamos unha mesa con materiais para que crees as túas propias tarxetas de San Valentín.

Anímate a visitarnos e a pasalo ben con todo este material. Xa quedou atrás o 14 de febreiro, pero aínda o terás dispoñible uns días máis na biblioteca.





 

Comentarios