Escape room na biblioteca

Olaaaaa!!!!! Dende a biblioteca Aloia queremos anunciarvos que o alumnado de 3º de ESO, xunto co seu profesor de Física e Química, Miguel, prepararon unha actividade de escape room para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro). A actividade consiste en resolver unha serie de pistas e probas sobre grandes científicAs e estará dispoñible na biblioteca do 13 ó 17 de febreiro. Para participar nela, só teredes que pedirlle a algún dos vosos profesores que vos anote nunha lista da actividade que está na sala de profesores e que vos acompañe á biblioteca para tentar resolver as pistas e "atopar a saída". Animámosvos a todos, profesorado e alumnado, a pasar pola biblioteca para gozar desta actividade. Ten  moi boa pinta!!! Ámino e sorte!!!



 

Comentarios