Reinventando a Rosalía

Lembrámosvos que o Equipo de Dinamización da Lingua do instituto, en colaboración coa biblioteca Aloia, organizaron o concurso "Reinventando a Rosalía de Castro", para conmemorar o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro). Para participar no concurso é preciso "reconstruír" con medios dixitais un poema ou unha obra da nosa xenial escritora. Tedes ata o 23 de febreiro para entregar na biblioteca as vosas creacións. Deixámosovos a continuación as bases do concurso e animámosvos a todos a reinventar a obra de Rosalía. Ánimo e a ver quen consegue facelo con máis orixinalidade!!!




Comentarios