Sobremesa de kahoots

O grupo de manga Indanime do noso club de lectura Xerfas reuniuse na véspera de San Valentín para continuar coas súas actividades. Nesta ocasión asistimos a unha dura competición de kahoots relacionados cos animes que o grupo viu dende a anterior reunión: Yofukashi no Uta e a película Palabras que burbujean como un refresco. Os gañadores obtiveron como premio un tomo de Haikyuu e un tomo único da historia Alter Ego, ademais dunhas deliciosas lambetadas que compartiron co resto de membros do grupo.

Tamén houbo espazo para a creatividade, xa que levaron a cabo unha actividade de debuxo consistente en adiviñar os personaxes de anime creados polos compañeiros. ¡Unha sobremesa máis de gargalladas sen fin!

 


Comentarios