Escape room

Este venres de Entroido rematou a actividade de escape room que prepararon os alumnos de 3º de ESO xunto co seu profesor de Física e Química, Miguel. Foi todo un éxito, xa que durante esta semana moitos grupos do instituto pasaron pola biblioteca para tentar resolver as pistas e descubrir as científicas agochadas tras delas. Parabéns a todo o alumnado de 3º de ESO e ó seu profesor por esta interesante e divertida iniciativa, e tamén a todos os que conseguistes resolver os misterios. Deixámosvos a continuación unhas imaxes de dous grupos tentando "atopar a saída".












 

Comentarios