Doce Entroido

Onte celebramos o Entroido no Indalecio e na biblioteca Aloia foi especialmente agradable e doce, xa que recollemos os froitos do noso concurso de sobremesas de Entroido, o cal organizamos xunto co EDL. Os participantes cociñaron unhas larpeiradas realmente deliciosas, aínda que por mágoa só puidemos premiar dúas delas, unha por categoría. Mais non hai problema, porque quedamos coas receitas que tan ben nos prepararon. Parabéns a todos os participantes polas súas creacións e, de xeito especial, ás alumnas que obtiveron os premios! Aquí vos quedan unhas imaxes e uns vídeos dos doces e das gañadoras.





 

Comentarios