Concurso de sobremesas de Entroido

Dende a biblioteca Aloia e o EDL convidámosvos a participar no concurso de elaboración de sobremesas que convocamos para festexar o Entroido. Para tomar parte no concurso teredes que cociñar un doce típico de Entroido que estea realmente delicioso, e tamén teredes que escribir a súa receita e facer un debuxo que o represente. Na imaxe que xuntamos tedes as bases completas. Consultádeas para saber toda a información sobre este concurso e animádevos a dar o mellor de vós entre os fogóns. Ánimo!!!


 

Comentarios