A ciencia é cousa de Mulleres

A profesora de Bioloxía, Miriam, preparou un entretido concurso para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro). O concurso consiste en descubrir a identidade de dez famosas científicas de diferentes épocas a partir dunha serie de preguntas. Pasade polo vestíbulo do instituto para coñecer as preguntas sobre estas mulleres (no taboleiro da biblioteca). Despois, achegádevos ata a biblioteca para tentar descubrir a súa identidade coa axuda dos libros seleccionados para a ocasión. Por último, solicitádelle a ficha de respostas á persoa responsable que estea na biblioteca, escribide as solucións e depositádea na caixa do concurso. Animádevos a participar!!! Trátase dun reto moi interesante para coñecer o traballo dunhas CIENTÍFICAS realmente brillantes.


 

 

 

 

 


Comentarios