Tabletas na biblioteca

Lembrade que xa temos plenamente operativas e en funcionamento as sete tabletas dixitais coas que contamos na biblioteca. Podedes usalas durante os recreos ou as horas de clase co voso profesorado para ler, buscar información, preparar traballos, divertirvos... Tedes que solicitárllelas á persoa que estea encargada da biblioteca nos recreos, encher a folla de control e facer un uso responsable delas, coidalas e NON USALAS PARA XOGAR NIN ACCEDER A REDES SOCIAIS. Cando as devolvades, suspendédeas e lembrade avisar á persoa encarga da biblioteca se é preciso cargalas, para que o seguinte usuario as poida atopar como a vós vos gustaría, con batería suficiente para traballar con elas. Animádevos a probalas e a utilizalas para realizar as vosas tarefas ou divertirvos.


 

Comentarios