Reunión do club de manga Indanime

Volvemos ás clases e volveron as reunións do club de manga Indanime, que xa se botaban en falla. Na xuntanza de xaneiro os rapaces comezaron comentando os animes que se comprometeran a ver na anterior reunión, que foron Trigun e Tokyo ESP. Despois pasaron un bo rato de diversión cos xogos que prepararon para a ocasión: un test de preguntas xerais sobre o anime e o manga, un concurso para adiviñar entre parellas de animes cal era o máis popular, recoñecemento de personaxes de anime a partir unicamente do seu ollo, adiviñas sobre o xénero de personaxes... Un bo xeito de pasar a sobremesa e de afrontar con alegría as dúas clases da tarde. Ata a próxima!!!

Os nosos rapaces participando nos xogos e Alejandro, un antigo alumno que colabora na organización do club, entrando por videoconferencia dende Vigo.

Comentarios