Premios do concurso de debuxo

Por fin vos podemos presentar as gañadoras do concurso de debuxo mitolóxico-astronómico que a biblioteca Aloia e o EDL convocamos antes do Nadal. O primeiro premio foi para Celeste Cortés e Elena Gómez (1º de bacharelato), un premio ex aequo, xa que o xurado considerou que os dous traballos eran de moi alta calidade: o de Celeste cun debuxo con mellor acabado e o de Elena cunha mellor descrición do mito no seu conxunto. Ademais, o xurado tamén decidiu concederlle un accésit a Celia López, alumna da ESA, xa que presentou un debuxo realmente soberbio, aínda que a constelación que escolleu (Lynx - Lince) non garda relación con ningún episodio mitolóxico. Aquí vos deixamos as gañadoras cos seus diplomas e máis abaixo os seus debuxos: o de Elena representa a constelación Aries e o mito do pelexo de ouro; o de Celeste a constelación Draco e o mito das mazás de ouro das Hespérides custodiadas polo dragón Ladón; o de Celia a constelación Lynx (Lince). Parabéns a todas elas!!!

 

Elena

Celeste

Celia




            

 


Comentarios